sábado, 7 de fevereiro de 2009

Curso Online Grátis sobre Planificación Estratéxica Municipal e Marketing Terrirorial‏

A Fundación CEER organiza unha nova edición do curso sobre Planificación Estratéxica Municipal e Marketing Territorial

Traloséxitos acadados en anteriores edicións, o Campus Virtual do CEER oferta
unha nova convocatoria do curso “Planificación Estratéxica Municipal e
Marketing Terrirorial”, dirixo polo Prof. Carlos Ferrás e organizado
polo Grupo de Investigación Socio-Territorial GIS-T pertencente ó
Instituto de Estudios e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) da
Universidade de Santiago de Compostela.

Este curso é de modalidade a distancia, de xeito telemático, e está
composto por tres módulos impartidos ó longo dun período lectivo de
tres meses, cuxos contidos teñen como obxectivo principal capacitar ós
seus alumnos na exposición e discusión de casos prácticos de
planificación estratéxica comparativamente a nivel internacional;
aplicar metodoloxías de marketing territorial en municipios concretos;
á vez que proporcionar coñecementos fundamentais teórico -metodolóxicos
para desenvolver plans estratéxicos municipais e políticas de marketing
territorial no ámbito local.

Durante todo o proceso lectivo o alumnado poderá contar co apoio dos
docentes do curso e disporán de horas de titorías para a resolución das
dúbidas plantexadas.

A matrícula é de balde é estará dispoñible a tódalas persoas
interesadas, tras previo rexistro no Campus Virtual da Web do CEER, até
o vindeiro día 1 de marzo.

Para máis información poden consultar o seguinte enderezo electrónico:
http://www.fceer.org/formacion/ ; ou contactar a través do email:
xestion@fceer.org

Sem comentários: